publicidade hoxe

Ministerio de Xustiza e Xunta incrementan a colaboración da formación dos diferentes colectivos da administración de Xustiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Alfonso Rueda na sinatura do convenio co Ministerio de Xustiza

Alfonso Rueda na sinatura do convenio co Ministerio de Xustiza

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a secretaria de Estado de Xustiza, Carmen Sánchez-Cortés asinaron esta mañá un convenio en materia de formación de fiscais, letrados da Administración de Xustiza, médicos forenses e avogados de Estado. Tamén participou o director do Centro de Estudos Xurídicos, Israel Pastor Sainz-Pardo.

Segundo recolle o convenio asinado hoxe, a Academia Galega de Seguridade Pública acollerá diversos cursos destinados aos colectivos da Administración de Xustiza, seguindo así o coa mellora na formación dos axentes xudiciais galegos.

A Agasp segue converténdose nun centro de formación pioneiro a todos os niveis, e agora potenciando a formación do persoal xudicial. Nos últimos anos xa pasaron máis de 150 xuíces e maxistrados polas aulas da Academia, formándose en materias como a seguridade viaria, as novidades do Código Penal ou a protección de datos.

Deste xeito dáse continuidade a esta formación, ao tempo que se mantén a dobre aposta de seguir dotando á Academia de máis actividades formativas e de máis colectivos e traballando na formación da Administración de Xustiza.

Este convenio abre a porta a unha formación máis especializada e adaptada dos colectivos da Administración de Xustiza galega con temas de especial interese para a nosa comunidade, seguindo a liña dos cursos impartidos o ano pasado ano para xuíces e maxistrados, con temáticas como o decomiso, actuacións en materia de violencia de xénero, ou novidades lexislativas.

22 de xaneiro de 2018 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.