publicidade hoxe

Medio Rural destina 450.000 euros ás axudas para a participación de agricultores en réximes de calidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Consellería do Medio Rural destina un total de 450.000 euros en axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade para o ano 2018, un incremento de máis do 140% con respecto á convocatoria anterior, tal e como recolle a orde que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Estas achegas, que están cofinanciadas co fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, pretenden fomentar a integración de agricultores en selos de calidade que ten agora mesmo Galicia, favorecendo o valor engadido dos seus produtos.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os agricultores que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios definidos no PDR de Galicia e deberán cumprir o requisito de ser agricultores activos. En todo caso, a data da alta no réxime de calidade ten que ser posterior ao 18 de novembro de 2015, data de aprobación do PDR de Galicia 2014-2020.

No relativo á produción ecolóxica, tamén terá a consideración de nova incorporación aquel agricultor que, tendo previamente actividade en dito programa, inicie o traballo nalgunha outra orientación produtiva, sendo esta última dunha dimensión económica suficiente para superar a consideración de autoconsumo. En calquera caso, os solicitantes terán de prazo ata o vindeiro 15 de maio para pedir estas achegas.

Actividades subvencionables

A contía da axuda será do 100% dos gastos subvencionables, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de 5 anos. Poderán recibir apoio os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación, incluídos, se ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento do prego de condicións do devandito réxime.

9 de xaneiro de 2018 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.