publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta inicia as obras de reparación de beirarrúas e de mellora da accesibilidade en Baltar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaltarLocal Portada
A-
A+

A Xunta de Galicia ven de iniciar as obras de reparación de beirarrúas e mellora da accesibilidade en Baltar, na estrada OU-304, que contan cun orzamento de máis de 240.000 euros. Esta actuación divídese en dúas fases, concretamente, a primeira delas acaba de comezar e tén un prazo de execución de tres meses, foi adxudicada á empresa Explotaciones medioambientales, S.L.U.

Actuarase na travesía de Baltar, entre os puntos quilométricos 14+150 e 14+500, onde existen unhas beirarrúas que se atopan deterioradas polo paso do tempo e non cumpren os criterios actuais de accesibilidade en canto a anchos, pendentes e vados, entre outros elementos

Así, a entidade autonómica Aguas de Galicia está a renovar unha parte da rede de saneamento na travesía, que inclúe a renovación de beirarrúas, polo que se aproveita dita renovación no treito restante e executar as novas que se adapten á normativa actual.

Para completar esta mellora, está previsto ejecutar nos vindeiros meses unha segunda fase da actuación e renovar as beirarrúas do resto da travesía, entre os Ppqq 13+250 e 14+150, aproximadamente. Esta actuación contará cun orzamento de máis de 184.000 €, co que toda a actuación suporá un investimento de máis de 240.000 euros.

31 de xaneiro de 2018 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.