publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta aposta por establecer no Plan reitor das Illas Atlánticas estratexias que xeren tecido empresarial compatible coa conservación

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, defendeu esta mañá que o futuro Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia recolla estratexias e ferramentas que xereN tecido empresarial que sexa compatible coa necesaria conservación dos valores que albergan as distintas illas do Parque Nacional.

A directora xeral de Patrimonio Natural mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela Paz, e os axentes económicos e sociais do municipio, para informarlles do contido do documento de inicio do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional e aos que lles indicou que todas estas propostas formarán parte do Plan de Desenvolvemento Sostible (PDS).

Tal e como explicou a directora xeral, a elaboración do PDS plasmaranse unha serie de accións transversais que permitirán integrar axeitadamente factores económicos e sociais na conservación do patrimonio natural e da biodiversidade. O desenvolvemento do PDS realizarase ao longo do período de vixencia do Plan Reitor de Uso e Xestión, debéndose rexer a súa redacción polo obxectivo de asegurar a integración do Parque Nacional co seu ámbito. Para iso desenvolveranse liñas específicas de colaboración e apoio.

Tamén se establecerán criterios de elección tendo en conta a situación socioeconómica dos municipios, para a aplicación de actividades de desenvolvemento sostible a incentivar nas áreas de influencia socioeconómica do Parque, así como os mecanismos para a divulgación dos resultados, ao obxecto de lograr un efecto demostrativo.

A proposta da Consellería de Medio Ambiente tamén recollerá dentro do PRUX, o desenvolvemento dun programa de axudas e subvencións a institucións públicas e privadas entre as poboacións das áreas de influencia socioeconómica, ao obxecto de crear iniciativas económicas competitivas que xeren tecido empresarial; así como a elaboración dun programa de mantemento de actividades tradicionais compatibles no Parque, como parte da estratexia de conservación dos seus valores naturais e culturais.

Programa de actuacións

O Plan de Desenvolvemento Sostible inclúese dentro dun programa básico de actuación no que se analizan aquelas materias nas que é competente o presente documento, preparados e financiados pola Conselleria competente en materia do Patrimonio Natural, despois de ser consultado o Padroado do Parque Nacional. Estes programas básicos de actuación agrúpanse por unidades temáticas relativas ao seu contido básico nos seguintes epígrafes:

1.- Programa de conservación da biodiversidade e a paisaxe
2.- Programa de investigación, seguimento e avaliación.
3.- Programa de uso público
4.- Programa de conservación do patrimonio cultural
5.- Programa de mellora da sostibilidade e da calidade de vida
6.- Plan de Desenvolvemento Sostible.

Deste xeito, os programas abranguen as liñas de traballo formuladas como obxectivos na programación económico e financeira. O Plan de Desenvolvemento Sostible (PDS), pola súa banda, incorpora a formulación dun conxunto máis amplo de accións transversais que vincularán a outras Consellerías e órganos da Comunidade Autónoma.

A Xunta persegue con este proxecto o obxectivo global de manter, ou restablece, o estado de conservación favorable dos hábitats naturais e das especies de flora e fauna de interese para a conservación, tendo en conta as esixencias económicas, sociais e culturais, así como as particularidades rexionais e locais.

Coas achegas que se presenten, así como a totalidade da información que recompile a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, elaborarase o Plan reitor que se tramitará como decreto coas súas correspondentes fases.

O PRUX será a folla de ruta na que se detallarán os obxectivos e os criterios de xestión do parque nacional, establecendo a normativa de protección, a regulación de aproveitamentos, a zonificación e as actuacións expostas para o próximos dez anos en materia de conservación, uso público, investigación, seguimento.

9 de xaneiro de 2018 | 16:51 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario