publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta convoca aos titulares dos terreos afectados pola construción dunha senda na estrada PO-331, nos concellos do Porriño e Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMosO PorriñoPontevedra
A-
A+

A Xunta convoca para o vindeiro 22 de agosto aos propietarios dos terreos afectados pola execución dunha senda peonil e ciclista na estrada PO-331, no lugar de Atín, para a realización do pago dos depósitos previos.

Os titulares dos terreos deberán acudir no citado día ao Concello do Porriño, ás 9,15 horas os propietarios de fincas situadas neste municipio, e ás 10,00 horas será a quenda das expropiacións pertencentes ao Concello de Mos.

Esta actuación terá un orzamento de máis de 378.000, co cofinanciamento de Fondos Feder 14/20. O itinerario está enmarcado no Plan de sendas na comarca de Vigo, ao que a Xunta destinará un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de nove proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios.

A senda na estrada PO-311 dará continuidade ao itinerario peonil existente no núcleo do Porriño ata o paso superior existente sobre a AP-9 nas proximidades de Atín.

A actuación iníciase na marxe esquerda da estrada, na que se construirá unha senda da 933 metros de lonxitude, desde as proximidades do Colexio Santo Tomás no que finalizan as actuais beirarrúas, ata a ponte sobre a AP-9, pasando pola intersección existente coa estrada a Pereiras – Tameiga.

Pola marxe dereita da estrada, a obra terá unha lonxitude de 200 metros e comezará na intersección coa estrada municipal Pereiras- Tameiga, dado que ata este punto xa existe beirarrúa. A senda nesta marxe desviarase da estrada nos últimos 80 metros ata o acceso ao centro escolar de Atín. Neste último tramo terá un ancho de tres metros.

Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da vía que comunicará os dous centros de ensinanza co Porriño.

Tamén se proxecta a mellora da intersección entre a PO-331 e a estrada Pereira-Tameiga, na que se construirá unha semiglorieta para facilitar os xiros á esquerda neste punto.

9 de agosto de 2017 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.