publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOUE publica a solicitude de inscrición da IXP Capón de Vilalba no rexistro comunitario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilalba
A-
A+

O Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publica hoxe a solicitude de inscrición da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Capón de Vilalba no Rexistro comunitario de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.

Isto significa que se abre un período de oposición a nivel da Unión Europea de seis meses, que finalizará aos dous meses se ninguén presenta un escrito anunciando a intención de opoñerse. Cando se supere este trámite producirase o rexistro definitivo deste selo de calidade mediante un regulamento de execución da Comisión.

A indicación xeográfica protexida “Capón de Vilalba” aplícase á carne de machos da especie Gallus domesticus castrados cirurxicamente antes de alcanzar a madurez sexual. As aves son de diferentes razas e estirpes que teñen como trazo común a súa rusticidade, o que permite a súa cría ao aire libre nas condicións climáticas da zona. Son sempre razas semipesadas -as canais como mínimo deben pesar 2,5 kg- e de crecemento lento -sacrifícanse cunha idade mínima de 150 días-.

Vínculo co territorio

O ámbito xeográfico desta indicación xeográfica protexida comprende a totalidade da comarca lucense da “Terra Chá”, que engloba os municipios de Muras, Xermade, Vilalba, Abadín, Pastoriza, Guitiriz, Begonte, Cospeito e Castro de Rei.

A produción do capón nesta área xeográfica realízase en pequenas explotacións familiares, que seguen aplicando os métodos tradicionais de cría e manexo das aves, que se caracteriza principalmente porque os animais pasan boa parte do día ao aire libre e iso facilita que realicen gran cantidade de exercicio e se alimentan principalmente aproveitando a cuberta vexetal do curral, o que se complementa con millo, outros cereais e outros alimentos de orixe vexetal (verzas, mondaduras de patacas, castañas, etc.) que habitualmente proceden da propia explotación. Estas condicións -xunto coas baixas densidades tanto no galiñeiro coma no curral- inciden directamente nas características organolépticas da carne.

14 de xuño de 2017 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.