publicidade hoxe

O Igape destaca a aposta pola competitividade como base para consolidar o crecemento e a internacionalización das empresas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O director do Igape, Juan Cividanes, destacou esta mañá na Coruña a firme aposta da Xunta de Galicia para impulsar a mellora da competitividade das empresas galegas como base para consolidar o crecemento da economía e os avances na internacionalización.

Durante a súa participación nun encontro con empresarios que se celebrou no Club Financeiro Atlántico, Cividanes salientou o esforzo que está a facer o Goberno ao abeiro da Axenda Galicia-Industria 4.0 -que xa chegou a 4.200 empresas- e que facilitará o investimento de 175 millóns de euros nos próximos dous anos para acelerar a modernización do tecido produtivo.

O director do Igape destacou, por outra banda, o impulso que está a dar a Xunta de Galicia neste ámbito con programas como ReAcciona e ReAcciona TIC, que xa aprobaron máis de 1.500 servizos avanzados que beneficiaron, polo de agora, a 800 pequenas ou medianas empresas.

Subliñou, igualmente, a vixencia de programas como Galicia 1000, activado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para procurar que as empresas dispoñan dun instrumento axeitado, á medida das súas necesidades, para facilitar o financiamento de todos os proxectos viables.

Cividanes destacou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria manterá o esforzo para seguir incrementando as exportacións, que marcaron o ano pasado o récord histórico de 20.000 millóns de euros, e o número de empresas exportadoras.

8 de maio de 2017 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.