publicidade hoxe

Prorróganse os contratos dos inquilinos de Belvís que cumpran os requisitos para ser adxudicatarios de vivendas de promoción pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

Os adxudicatarios de vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro na promoción edificada pola Xunta no barrio santiagués de Belvís poderán continuar nas mesmas sempre que cumpran os requisitos esixidos pola normativa para ser adxudicatarios, principalmente no referido ao nivel de ingresos.

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, recibiu hoxe ao presidente da comunidade de veciños para explicarlles as condicións de permanencia nas vivendas, unha vez se cumpran os dez anos dende a adxudicación das mesmas.

Por outra parte, García Porto explicou as obras de mellora que o Goberno galego vai realizar no grupo de vivendas de Belvís, destinadas á mellora enerxética do edificio, o que redundará en mellores condicións de habitabilidade e unha redución do consumo enerxético do mesmo.

A actuación da Consellería de Infraestruras e Vivenda consistirá no illamento térmico exterior de todo o edificio. As obras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. As obras de mellora iniciaranse no próximo mes de abril.

A obra xa foi licitada no pasado mes de novembro, xunto con obras de rehabilitación enerxética en bloques de vivendas de promoción pública emprazados en Mallou en Ponte Pereda. En total, o Executivo autonómico destinará á rehabilitación enerxética dos tres edificios máis de un millón de euros.

15 de marzo de 2017 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.