publicidade hoxe

O temporal deixa cuantiosos danos nos edificios públicos de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda continúa a facer balance dos graves danos casuados polo forte temporal da pasada fin de semana. Ademais das numerosas incidencias rexistradas nas vías públicas e no alumeado en distintos puntos do territorio municipal, no caso de Silleda hai que sumar cuantiosos danos en edificios e bens públicos.

Así, no Centro Cultural Vista Alegre as fortes rachas de vento levantaron parte da cuberta do edificio novo. Tamén arrancou planchas nos pavillóns polideportivos de Silleda e da Bandeira. No tocante ás instalacións deportivas tamén se viron afectadas as pistas de Pádel de O Castro e o Campo de fútbol da Gandareira, na Bandeira, onde ademais do alumeado e das redes o vento doblou o portalón da entrada ao recinto.

Os efectos do temporal tamén se deixaron sentir no Campo do Outeiriño, en Silleda e nas piscinas da Bandeira. As placas fotovoltaicas do polígono Área 33 sumaronse na madrugada do sábado ao longo listado de danos.

“Dende o Concello de Silleda estamos a elaborar un informe detallado con todos os danos nos edificios públicos a fin de poder concorrer ás axudas que se habiliten para facer fronte aos efectos deste temporal”, indica Cuiña, que lamenta tamén os gravísimos danos ocasionados en explotacións agrícolas, empresas e os “perxuizos causados a milleiros de veciños que estiveron tres días sin suministro eléctrico”, engade.

Dende o Concello de Silleda continúase traballando para tratar de restablecer o suministro no alumeado público e arranxando outras avarías.

Nos centros educativos o temporal tamén ocasionou danos que no caso do CEIP de Silleda veu agravar as deficiencias da cuberta actual do edificio, ocasionando goteiras e causando danos en equipos informáticos.

Tamén na Casa Consistorial o temporal e a tormenta causaron danos no servidor informático.

6 de febreiro de 2017 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.