publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Marisol Díaz reúnese cos alcaldes de Maceda, A Mezquita e Toén para escoitar as demandas municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MezquitaMacedaToén
A-
A+
Marisol Díaz na reunión co alcalde da Mezquita

Marisol Díaz na reunión co alcalde da Mezquita

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, continuou hoxe a rolda de encontros institucionais cos alcaldes da provincia iniciada despois da súa toma de posesión, o pasado mes de novembro. O obxectivo destas reunións é coñecer de primeira man as necesidades dos concellos ourensáns, así como analizar aqueles proxectos que pode desenvolver o Goberno galego neles. Así, hoxe reuniuse cos alcaldes de tres concellos ourensáns: A Mezquita, Maceda e Toén.

Díaz Mouteira trasladoulles aos tres rexedores a intención da Xunta de apoiar e cooperar coas entidades locais co fin de dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas de todos os municipios da provincia e mellorar, así, a súa calidade de vida.

16 de febreiro de 2017 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.