publicidade hoxe

Uns 65 hosteleiros solicitaron permiso para regularizar as terrazas segundo a nova ordenanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O pasado venres, 30 de decembro, rematou o prazo dado polo Concello de Vilagarcía para que os propietarios de establecementos hosteleiros solicitasen a concesión do permiso municipal para a instalación de terrazas en solo público segundo os requisitos que marca a nova ordenanza en vigor. Un total de 65 locais realizaron o trámite para regularizar a súa situación. O Concello lembra que os establecementos que non iniciaron os trámites non poderán continuar coa explotación das terrazas.

As 65 solicitudes presentadas serán informadas individualmente polos servizos técnicos municipais para comprobar que cumpren cos requisitos que establece a ordenanza aprobada en setembro.A medida que se vaian informando, os expedientes remitiranse ao Consello da Xerencia de Urbanismo para a súa aprobación. As terrazas ás que se conceda autorización deberán expoñer nunha zona perfectamente visible do local un cartel adhesivo que lles proporcionará o Concello na que constarán as características coas que se lle concedeu o permiso a efectos de facilitar as labores de inspección e garantir o cumprimento da norma.

En canto aos establecementos que non teñan iniciado os trámites de regularización, o Concello remitiralles esta semana un escrito no que se lles lembra que, tal como recolle a ordenanza e como se ten advertido en numerosas ocasións, non poderán continuar coa explotación das terrazas.

2 de xaneiro de 2017 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.