publicidade hoxe

Traballos de mellora do Camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe de que pronto dará comezo o proxecto de mellora do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso pola parroquia de Mos, coa construcción dun muro de contención na Rúa. A obra atópase en proceso de adxudicación á empresa constructora.

“No Concello de Mos nunca esquecemos que somos un municipio do Camiño e, sabedores de que ser paso do Camiño de Santiago é o noso principal activo cultural e turístico, poñemos o máximo empeño en coidar, mellorar e implementar dito activo”, declarou a rexedora local mosense, quen tamén explicou que o inicio de esta obra do muro da Rúa demorouse máis do previsto debido precisamente a que se atopa no Camiño de Santiago e houbo que tramitar varios permisos.

As obras a acometer no transcurso do Camiño de Santiago ao seu paso pola localidade mosense consisten na construcción dun muro na Rúa, no contorno do Pazo de Mos, para conter o talud que se derrubara a consecuencia dos temporais do pasado inverno. Arévalo destacou a importancia destes traballos, pois solucionarán a situación de incomodidade que lles supoñen aos veciños da zona os frecuentes desprendementos, que se solucionarán co novo muro de contención.

O novo muro de pedra para a contención de talud en A Rúa pretende evitar os continuos derrubamentos do talud existente pero integrando a nova estrutura no entorno de valor patrimonial no que se atopa. E é que o Camiño de A Rúa sufre desprendementos periódicos de terra no importante talud da súa marxe esquerda.

Para mellorar a seguridade desta vía tan transitada por vehículos e turistas (sobre todo peregrinos en ruta que están a facer o Camiño de Santiago Portugués), era necesario plantexar esta estrutura de contención que evite os desprendementos.

Tendo en conta as condicións anteriores proxéctase un muro de 4 metros de altura (inferior á altura do talud), co fin de non supoñer un obstáculo visual importante en un vial estreito e con valor histórico. Ademais de ser dunha altura máis reducida, o muro irá retranqueado 5 metros dende o eixo da rúa. A coronación do muro ata a cabeza do talud existente remátase cun talud vexetal tendido perseguindo dous obxectivos: estabilizar o talud e evitar o seu desprendemento periódico, e minimizar o impacto visual e mellorar a integración paisaxística. O muro terá unha lonxitude de 137 metros e un ancho de cimentación de 3 metros.

A tipoloxía de muro escollida é de gravedade de bloques de pedra do país, os máis acordes co contorno. Ademais da acometida do muro, este proxecto inclúe varias actuacións complementarias tales coma a execución dunha cuneta de formigón a pé de muro para mellorar as condicións actuales de drenaxe, a plantación de 13 árbores (buxos ou loureiros) na banda verde que queda entre o muro e o pavimento actual, integrando o muro nun contorno máis humanizado; e a colocación de 3 bancos de madeira demandados polos usuarios do contorno.

O total destas obras ten un orzamento de 118.846,41 euros financiados pola Deputación de Pontevedra.

4 de xaneiro de 2017 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.