publicidade hoxe

Os Reis Magos visitarán o parque de atraccións Silleda Park este xoves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O parque de atraccións Silleda Park, o cal se celebra ata o día 8 de xaneiro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, contará mañá coa visita dos Reis Magos.

Dentro da cabalgata organizada polo Concello de Silleda as Súas Maxestades de Oriente rematarán o seu percorrido neste parque de atraccións, onde a Fundación Semana Verde de Galicia agasallará a todos os presentes cunha chocolatada gratuíta.

Mañá o acceso á cabalgata e ao parque de atraccións será libre para nenos e adultos, se ben para desfrutar das atraccións, zonas lúdicas e actividades será necesario ter a pulseira que se entrega co abono dos 5€ que costa a entrada.

Atraccións

Ao igual que todos os días do Silleda Park, dende as 16.30 horas estarán en funcionamento as atraccións permanentes do parque, nas cales se inclúen un saltamontes, unha pista de coches, un dragón, un tirachinas,  varios  inchables, camas elásticas, un globitos show, un baby infantil-excalestric e unha piscina con bólas para andar sobre a auga.

Así mesmo, tamén se poderá desfrutar da súa gran cantidade de zonas lúdicas e actividades, entre elas pistas deportivas, unha zona de videoxogos e  realidade virtual, un xadrez e un 4 en raia xigantes, un minigolf,  unha zona de xogos para os máis pequenos, talleres de maquillaxe e globoflexia, unha exposición de figuras de ciencia ficción ou visitas aos decorados da serie “El Final del Camino”.

Os asistentes que abonen a entrada tamén poderán participan no sorteo da PlayStation 4 que o parque de atraccións realiza cada día.

4 de xaneiro de 2017 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.