publicidade hoxe

O espectáculo de “El Show de los Payasos” chegará este venres ao parque de atraccións Silleda Park

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O parque de atraccións Silleda Park, o cal se celebra ata o 8 de xaneiro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, acollerá mañá o divertido espectáculo de El Show de los Payasos.

Esta proposta, que terá lugar ás 18.00 horas, combinará música, cancións e baile a través da presenza de pallasos e numerosas personaxes, como Micky e Minnie, Bob Esponja, Peppa Pig, os Angry Birds e tamén novas estrelas da animación infantil que este Nadal se suman a este show, como os Minions, a Patrulla Canina ou Olaf, o boneco de neve da película Frozen.

Unha vez rematado este espectáculo, que terá unha duración aproximada dunha hora, estas personaxes animarán o parque de atraccións e faranse fotografías cos nenos asistentes.

Por outra banda, os visitantes do Silleda Park conta en todas as súas xornadas cun amplo programa que inclúe máis de trinta propostas distintas. En canto ás atraccións, poden desfrutar dun saltamontes, pista de coches, dragón, un tirachinas,  varios  inchables, camas elásticas, un globitos show, un baby infantil-excalestric e unha piscina con bólas para andar sobre a auga. 

A elas súmanse gran cantidade de zonas lúdicas e actividades. Pistas deportivas, unha zona de videoxogos e de realidade virtual, un xadrez e 4 en raia xigantes, un minigolf,  unha zona de xogos para os máis pequenos, talleres de maquillaxe e globoflexia, unha exposición de figuras de ciencia ficción e visitas aos decorados da serie “El Final del Camino” son só algunhas delas. Ademais, os asistentes participan cada día no sorteo dunha PlayStation 4. 

Visita dos Reis Magos 

Esta tarde, dentro da cabalgata organizada polo Concello de Silleda, as Súas Maxestades de Oriente rematarán o seu percorrido no Silleda Park. Ademais, a Fundación Semana Verde de Galicia agasallará a todos os presentes cunha chocolatada gratuíta.

5 de xaneiro de 2017 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.