publicidade hoxe

O Centro Social dos Maiores da Bandeira acollerá o venres 17 de febreiro a Festa de Namorar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O vindeiro venres día 17 de febreiro  celebrarase no Centro Social dos Maiores da Bandeira a Festa de Namorar, con motivo da festividade do San Valentín. A celebración terá lugar entre as 18.00 horas e as 21.00 horas, con pinchos e chocolatada para os asistentes,  e animación musical en directo a cargo de Suso de Melide. O prezo é de 5 euros por persoa.

Tamén se procederá a realizar sorteo de agasallos. Para anotarse, os interesados poden achegarse ata o propio Centro Social dos Maiores da Bandeira, o de Silleda, ou chamar ao 986 592037.

31 de xaneiro de 2017 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.