publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña comeza as obras de construción de senda peoníl na DP 5201 de Muxía a Toruiñán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMuxía
A-
A+

A Deputación da Coruña comezou as obras de construción de dúas novas sendas peonís nas estradas provinciais DP 5604 de Outes a Pereira por Pesadoira e DP 5201 de Muxía a Toruiñán pola costa ao seu paso polos concellos de Muxía e Santa Comba, uns tramos que coinciden co Camiño de Santiago e que carecen na actualidade de beiravías peonís, o que obriga aos peregrinos a transitar pola plataforma da estrada, co consecuente risco de accidentes.

As obras, adxudicadas á empresa Excavaciones Roberto SL por 207.088,23 euros, teñen un prazo de execución de cinco meses e que suporán unha importante mellora das condicións de seguridade destes tramos do Camiño, tanto para os numerosos peregrinos que cada día transitan por esta ruta xacobea como para os veciños da zona.

Na DP 5201, o proxecto contempla a construción, pola marxe esquerda da estrada, dunha senda de dous metros de ancho que discorrerá entre os PK 1+130 e 1+780.

Os traballos enmárcanse no proxecto para construír diversas sendas peonís en estradas provinciais que forman parte do tramo Fisterra-Muxía do Camiño de Santiago, segundo afirmou o deputado responsable da área de Vías e Obras da institución provincial e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, que destacou que estas accións “contribuirán a facer máis cómodo e seguro o cada vez máis transitado Camiño da Costa”.

As obras supoñen o corte ao tráfico deste tramo da estrada por un período de 20 días, dado que se trata dunha vía estreita e é necesario desmontar parcialmente o talude lateral. Os cambios e desvíos na circulación xa están debidamente sinalizados e regulados. Prevese que as obras estean completadas antes do verán.

31 de xaneiro de 2017 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.