publicidade hoxe

Arranca en Silleda o maior campionato de formación profesional Galicia Skills

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSilleda
A-
A+
Román Rodríguez na xornada inaugural de Galicia Skills

Román Rodríguez na xornada inaugural de Galicia Skills

Esta mañá arrancou en Silleda a cuarta edición de Galicia Skills, o maoir campionato de Formación Profesional onde, durante tres días en un único recinto, un total de 100 alumnos de 40 centros e preparados por 77 profesores miden as súas destrezas e coñecementos nas 17 especialidades que cursan.

Por primeira vez nesta edición, os participantes congréganse nun único recinto e competirán entre eles de xeito simultáneo. Ata o de agora facíano en diferentes centros educativos ao longo do mes de outubro.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta mañá o recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, que acolle a competición, para comprobar de primeira man o traballo levado a cabo polos estudantes, a quen animou a seguir nesa liña aprendizaxe, de traballo e de esforzo persoal, que de seguro se traducirá en éxitos personais e profesionais. Na súa visita, o conselleiro estivo acompañado do director xerente da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán; do secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; do director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal.

O conselleiro destacou o “alto nivel tecnolóxico e de innovación” dos centros de FP, que fan que Galicia “se sinta orgullosa da súa Formación Profesional”. Así mesmo, agradeceu o traballo dos colaboradores para que todo estivese preparado e listo para competir, así como do profesorado e do alumnado participante.

17 especialidades de competición

Son un total de 17 as especialidades, as denominadas “skills”, en competición, e estas correspóndense con un ou máis ciclos das distintas familias profesionais. En concreto, o alumando medirá as súas destrezas en: Mecanizado, Soldadura, Control industrial, Mecatrónica, Enxeñería de deseño mecánico-CAD, Refrixeración, Ebanistaría/Carpintaría, Peiteado, Tecnoloxía da moda, Pastelaría, Cociña, Servizo de restaurante e bar, Tecnoloxía do automóbil, Pintura do automóbil, Xardinaría paisaxística, Administración de sistemas en rede e Coidados auxiliares de enfermería. Así mesmo, tamén hai dúas especialidades en demostración, Floraría –realizada polo alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo– e Instalacións eléctricas, cuxa demostración correrá a cargo do IES Universidade Laboral de Culleredo.

Deste xeito, cada un dos gañadores en cada unha das 17 especialidades pasará a formar parte do equipo de alumnos e alumnas que representará a Galicia no campionato nacional Spainskills, que se celebrará do 27 de febreiro ao 4 de marzo de 2017.

O obxectivo da iniciativa pasa por poñer en valor o traballo dos centros, do profesorado e do alumnado de FP, tendo en conta que se trata dunha modalidade de formación cada vez máis especializada, vinculada ás necesidades da sociedade e dos sectores produtivos, e que aposta polo emprendemento e innovación como ferramentas para favorecer a inserción laboral dos mozos e mozas.

30 de novembro de 2016 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.