publicidade hoxe

Un camión con cemento perde parte da súa carga na a-55, á altura de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMosSucesos
A-
A+
Europa Press

Un camión cargado con cemento perdeu parte da súa carga á altura do quilómetro 12 da a-55, en sentido Vigo. En concreto, trátase do mesmo punto no que, o xoves, outro camión que transportaba bebidas perdeu parte das botellas e bloqueou o tránsito durante unhas tres horas.

Diso informou o CAE 112 Galicia, que precisou que, minutos antes das 8,00 horas deste venres, os membros do servizo local de emerxencias de Mos comunicaban ao 112 a súa colaboración cos equipos de limpeza de Conservación de Estradas para retirar a vertedura.

Ademais, o persoal do Centro de Atención ás Emerxenicas de Galicia tamén avisou a Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros do Baixo Miño.

7 de outubro de 2016 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.