Campaña informativa sobre o VIH no paseo marítimo de Ares
O Concello de Ares, a través da súa área de Sanidade, en colaboración coa asociación Aseduc, informa da realización dunha actividade informativa sobre o VIH Sida que se levará a cabo no municipio. A iniciativa, enmarcada dentro do programa INFÓRMATE…PERDE O MEDO, desenvolverase o domingo 4 de setembro no paseo marítimo, nas cercanías do Parque Rosalía de Castro, onde quedará instalado un stand informativo que poderá visitarse en horario de 16 a 19 horas.
Esta campaña trata de divulgar tódolos aspectos relativos á información, formación e prevención do VIH, deprazándose a diversos lugares para faciliar á poboación ser beneficiarios deste tipo de actuacións.