publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Pontevedra concede un préstamo sen xuros de 170.000 euros ao Concello de Pazos de Borbén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de BorbénPontevedra
A-
A+

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, asinaron esta mañá a concesión dun crédito sen xuros de 169.958,82 € que o concello destinará ao financiamento da construción do campo de fútbol de Nespereira. A cantidade aportada neste préstamo sen xuros corresponde á parte que aportará o Concello á obra, que conta cun investimento total de 469.068,05 €. Pazos de Borbén é un dos sete concellos beneficiados pola convocatoria inicial do Goberno provincial de préstamos sen xuros para os concellos de menos de 50.000 habitantes con destino ao financiamento de inversións, operacións de tesourería, necesidades urxentes ou desfases transitorios.

En 2016, por primeira vez a Deputación provincial leva a cabo esta liña de créditos en réxime de concorrencia competitiva e sen ningún tipo de xuros para os municipios. No anterior Goberno provincial, os xuros se situaban no 2%. Ademais de Pazos de Borbén, foron outros seis concellos –Catoira, Silleda, Salceda de Caselas, Poio, A Cañiza e Fornelos de Montes– quen se beneficiaron ata o momento desta iniciativa, que conta cun investimento total de 1.137.708,7 €.

Os concellos da provincia cunha poboación menor de 50.000 habitantes restantes teñen aberta a posibilidade de solicitar este tipo de préstamos ao Goberno provincial, xa que b>a Xunta de Goberno da Deputación aprobou recentemente unha segunda convocatoria, aberta dende o pasado 3 de xuño, por un valor total de 362.291,28 €. A ampliación de préstamos sen xuros a estes concellos é posible debido a que na convocatoria inicial non se esgotou o importe máximo asignado de 1,5 millóns de €.

Lembramos así mesmo que, ademais do réxime de concorrencia competitiva e sen ningún tipo de xuros, cómpre destacar nas novidades ao respecto dos préstamos que a nova Deputación lle asigna a esta iniciativa 500.000 € máis que o que se investiu co anterior Goberno provincial.

9 de xuño de 2016 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.