publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O conselleiro de Política Social mantén un encontro de traballo co alcalde de Cariño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCariño
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Cariño

Rey Varela na reunión co alcalde de Cariño

A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa apostando polo diálogo con todas as institucións públicas de Galicia e afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos co fin de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos.

A Xunta de Galicia adquire cos responsables das entidades locais o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio e de cada comunidade de veciños. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do concello coruñés de Cariño, José Miguel Alonso Pumar.

Na xuntanza, que tivo lugar no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, o conselleiro e o alcalde de Cariño sinalaron a importancia do Servizo de Axuda no Fogar cunha ratio de atención do 65,83%. Ambos mandatarios comprometéronse ademais a subir esta atención ata o 100%, así como a estudar novas vías de traballo respecto ao previsto Punto de Atención á Infancia local. Nesta liña, conselleiro e rexedor valoraron o actual estado e futuro do edificio dedicado a Residencia Xeriátrica e Centro de Día.

11 de abril de 2016 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.