publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta investirá 470.000 euros na mellora de seguridade viaria en dúas estradas de Arnoia e Beariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA ArnoiaBearizOurense
A-
A+

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, anunciou hoxe na súa visita ao Concello da Arnoia que a Xunta comezará no verán obras de mellora de seguridade viaria en dúas estradas da provincia, as que destinará un investimento de 470.000 euros e que afectarán aos municipios da Arnoia e Beariz.

Díaz Mouteira presentoulle ao alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio Santamaría, as actuacións que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten previsto realizar na estrada Ourense-Cortegada (OU-402), que contarán cun investimento de case 270.000 euros.

Estes traballos consistirán no reforzo de firme e a reposición da sinalización horizontal ao longo de 3,1 km, que permitirán poñer ao servizo de veciños e condutores, travesías máis cómodas e seguras para os seus desprazamentos.

A delegada territorial explicou que a licitación desta actuación que publicará en breve o Diario Oficial de Galicia (DOG) inclúe, no mesmo contrato, melloras en materia de seguridade viaria na OU-212, no concello de Beariz. Trátase do reforzo de firme e a sinalización ao longo de 6,2 km desta estrada pertencente á rede secundaria da Xunta de Galicia, mediante un investimento duns 200.00 euros

Marisol Díaz salientou o esforzo do Goberno galego para garantir a seguridade viaria nas estradas da súa titularidade,”xa que estes investimentos permiten que as estradas da Xunta de Galicia estean en óptimas condicións, incidindo na seguridade viaria e na comodidade na condución”.

29 de abril de 2016 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.