publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e Concello de Pantón asinan un convenio para rematar as obras de soterramento da instalación eléctrica en Curro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPantón
A-
A+
Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Pantón. Foto: X. Crespo

Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Pantón. Foto: X. Crespo

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio formalizou hoxe a entrega ao concello de Pantón das obras de soterramento das liñas de instalacións eléctrica en Curro, na zona próxima ao mosteiro cisterciense.

Así o ratificaron esta mañá a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, José Luis Álvarez Blanco, a través da sinatura dun convenio de colaboración para rematar esta actuación.

En concreto, o proxecto desenvolveuse nun tramo da estrada N-120A, nas aforas do núcleo de Ferreira de Pantón. O obxectivo era retirar as liñas áreas existentes, de xeito que quedaran eliminadas completamente, co fin de coidar e poñer en valor a riqueza patrimonial da que dispón este concello lucense.

Para cumprir esta meta, foi preciso realizar canalizacións e arquetas para a instalación eléctrica.

O Goberno galego, ademais do financiamento, encargouse tamén da contratación e execución da obra. Agora que os traballos están rematados, son entregados ao concello, que será o encargado de explotar e conservar esta actuación, tal e como estaba recollido no convenio asinado en novembro para o inicio das obras.

Esta medida inscríbese nun dos eixos de actuación da Consellería de Medio Ambiente: a realización de accións que melloren os contornos urbanos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

23 de febreiro de 2016 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.