publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cincuenta rapaces dos concellos de Ferrolterra e Ortegal participan na Campaña de Esquí da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaAresAs SomozasCariñoCedeiraCerdidoFerrolMañónMoecheNarónNedaOrtigueiraSan SadurniñoValdoviño
A-
A+

Medio cento de nenas e nenos dos Concellos de Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, A Coruña, Ferrol, Mañón, Moeche, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño participan dende o domingo na estación invernal de Leitariegos (León) na segunda expedición á neve da Campaña de Esquí 2016 organizada pola Deputación da Coruña.

Ata o vindeiro 19 de febreiro, a rapazada, de entre 10 e 15 anos, terá oportunidade de iniciarse na práctica do esquí con monitorado profesional, ademais de participar nas diversas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

En total, 500 escolares coruñeses/as participarán ata mediados de marzo na Campaña de Esquí 2016, que ten lugar na estación de Leitariegos, localizada na comarca de Laciana, ao noroeste da provincia de León; unha excepcional paraxe natural reserva da Biosfera que limita co Principado de Asturias e que conta con 10 pistas balizadas de distintos niveis (cinco vermellas, catro azuis e unha verde) e un snowpark, así como cunha escola na que se ofrecen clases de esquí e snowboard.

16 de febreiro de 2016 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.