publicidade hoxe

O novo director da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira preséntase este domingo cun concerto no auditorio Manuel Dopazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O vindeiro domingo día 20 celebrarase na Bandeira, ás 18.30 horas, o concerto de presentación do novo director da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira. A cita, no auditoiro Manuel Dopazo servirá para presentar ante o público a José Lodeiro Gesto, que asume a dirección da agrupación trala marcha de Miguel Rodríguez Barrio, ao que tamén se agradecerá o traballo realizado durante este evento.

Neste concerto a Banda da Bandeira estreará novas pezas musicais ademais de interpretar outras do seu repertorio habitual.

José Lodeiro Gesto chega á formación logo de dirixir a Banda de Música Isabel II de Touro e a Banda de As Pontes, ademais de desenvolver a súa labor como docente noutros centros.

Dende a formación convídase ao público a asistir a celebración deste concerto. A próxima cita cultural deste Nadal no auditorio Manuel Dopazo terá lugar o sábado día 2 de xaneiro, co xa tradicional concerto de Ano Novo no que participarán todas as agrupacións da localidade.

18 de decembro de 2015 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.