publicidade hoxe

The Offspring, Volbeat, Bullet for My Valentine e Abbath estarán no Resurrection Fest 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaViveiro
A-
A+
Europa Press

The Offspring, Volbeat, Bullet for my Valentine, Abbath, Hatebreed, Entombed A.D. e Walls of Jericho son algunhas das primeiras bandas confirmadas para a próxima edición do Resurrection Fest, que se celebrará os días 7, 8 e 9 de xullo de 2016 en Viveiro (Lugo).

Entre as primeiras confirmacións, dous grandes nomes: os míticos californianos The Offspring, unha das bandas de punk rock máis pedidas dende os comezos do festival e que darán un concerto con todos os seus grandes éxitos, e Volbeat, unha das maiores bandas de metal de toda Europa hoxe en día.

Ambos os dous farán a súa única data en todo o ano en España en Viveiro, ao igual que outros nomes como os británicos Bullet For My Valentine como convidados especiais, a figura máis importante do black metal actual, Abbath, ou os estadounidenses Hatebreed.

A lista completa de artistas confirmados inclúe a The Offspring, Volbeat, Bullet For My Valentine, Abbath, Hatebreed, Entombed A.D., Walls Of Jericho, The Real McKenzies, While She Sleeps, Amenra, Thy Art Is Murder, Desakato, Shining, Stick To Your Guns, Crisix e Norma Jean.

As entradas seguen na súa oferta inicial a 75 euros o abono de tres días e seguirán a este prezo ata o próximo mércores 18 de novembro ás 23,59 horas en www.resurrectionfest.es/entradas. Isto só é o comezo e ata un total de 80 bandas acudirán este ano a Viveiro os días 7, 8 e 9 de xullo.

13 de novembro de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.