publicidade hoxe

Continúan as tarefas de extinción do incendio iniciado o mércores nunha fábrica de madeira do Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO PorriñoSucesos
A-
A+
Europa Press

Os Bombeiros de Baixo Miño volveron na mañá deste xoves á fábrica de madeira sen actividade en Eirís, no municipio do Porriño (Pontevedra), onde o mércores se declarou un incendio que segue activo.

Segundo informou o 112 Galicia, os efectivos de extinción confirmaron que “aínda quedan ascuas” e acudirán cada certo tempo a comprobar a súa evolución.

Debido a este lume, segundo apuntaron os bombeiros, arderon uns 800 metros cadrados –dos entre 2.000 e 2.500 metros cadrados que ocupa a nave–, así como material, madeira e maquinaria almacenados.

O lume iniciouse sobre as 7,00 horas do mércores nunha fábrica de madeira sen actividade en Eurís, na parroquia de San Salvador de Budiño.

5 de novembro de 2015 | 10:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.