publicidade hoxe

Antonio Fernández reúnese coa Dirección Xeral de Patrimonio, Turismo e o Xacobeo para abordar o papel de Padrón no plan director do Camiño de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPadrón
A-
A+

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, mantivo esta mañá una reunión coa directora xeral de Turismo, Nava Castro, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez. O motivo do encontro foi abordar o papel de Padrón no Plan Director do Camiño de Santiago, o estado de tramitación do recoñecemento oficial do Camiño de Santiago a Padrón e as posibilidades da posta en valor da Ruta da Lamprea e os accesos ao río Ulla, entendendo este como un dos principais recursos do concello e estreitamente vinculado co turismo activo.

Durante a reunión trasladouse ao alcalde que Padrón está dentro do Plan Director do Camiño contemplado como lugar de interese Xacobeo, coa finalidade de que a cultura e tradición xacobeas do Concello sexan coñecidas por todos os peregrinos que cheguen a Compostela. Así a partir do 2016 comezará a potenciarse este aspecto, existindo folletos e material específico sobre Padrón que terán difusión tanto no panorama nacional como internacional.

Outra das cuestións trasladadas á directora xeral de Turismo, Nava Castro,  foi a posibilidade de recuperar e por en valor en Herbón e Carcacía a ruta da lamprea e os accesos ao río Ulla, un dos principais recursos do municipio vinculado ao turismo activo e ao disfrute da natureza. Esta petición chega logo de que o Concello impulsase o ano pasado as primeiras xornadas arredor da lamprea do municipio, a través da concellería de turismo. Precisamente foi a este departamento ao que amosaron as súas inquedanzas respecto á mellora de accesos ao río na citada zona,  empresas de turismo activo e outras entidades que desenvolven actividades de carácter lúdico-cultural no mencionado río. Unhas inquedanzas que comparte o goberno local e que para as que se están a buscar solucións. A resposta neste senso foi moi positiva e desde a concellería ultimaranse as posibles liñas de actuación para a zona.

9 de novembro de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.