publicidade hoxe

A conselleira do Mar visitou a planta de almacenamento frigorífico Frigrove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Grove
A-
A+
Rosa Quintana en Frigrove

Rosa Quintana en Frigrove

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, visitou esta mañá no Grove a planta Frigrove, dedicada á transformación de atún e ao almacenamento frigorífico de derivados da pesca. Esta planta pertence á empresa Coper, que forma parte da sociedade Atunlo, da que a titular de Mar valorou a súa dimensión internacional no eido do sector do conxelado.

“Internacionalización e innovación son dúas características que definen a Atunlo”, destacou a conselleira e “esa internacionalización reflíctese na súa presenza en España, Italia, Marrocos, Cabo Verde e Asia nas catro plantas operativas que posúe”. Tamén no seu volume de vendas, de arredor de 100.000 toneladas anuais e nos 900 empregados que ten en todo o mundo, engadiu Rosa Quintana.

Neste sentido, destacou o potencial de Atunlo e definiu a esta sociedade como “unha aliada estratéxica para a industria alimentaria”, prevendo acadar en 2015 unha facturación de arredor de 100 millóns de euros. Ademais, engadiu a titular de Mar, “a presenza en novos mercados é a súa aposta, pois inviste nela e conxúgaa coa innovación nos seus procesos a través da aplicación de I+D+i”. De feito, lembrou a titular de Mar, “ultimamente suma esforzos na xestión do entreposto de frío do Mindelo, na illa caboverdiana de San Vicente”.

Frigrove

Transforma atún en lombos cocidos refrixerados, principalmente para a industria conserveira en toda España. Ademais conta cun almacén frigorífico e desenvolve servizos de carga, descarga e almacenamento de túnidos. Coper entrou a formar parte do seu accionariado no 2004 e no 2010 Frigrove inaugurou en Cambados Fricam, planta para a conxelación e almacenamento de túnidos e peláxicos, así como a elaboración de lombos de atún crus.

Coper constitúese no 1988 e forma parte da joint venture (alianza comercial) Atunlo, que tamén está composta por Inpesca e Pevasa. Ten sede en Vigo e dedícase á comercialización de peixe conxelado para o sector da conserva, os elaborados e os precociñados. Os seus produtos comercialízanse baixo a marca Ocean King.

20 de novembro de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.