publicidade hoxe

Os cazadores galegos din non á prohibición do perdigón de chumbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O pasado mércores, os representantes da Federación Galega de Caza (FGC), reuníanse no Parlamento de Galicia cos representantes parlamentarios de AGE, PSdeG-PSOE, BNG e Grupo Mixto –o 16 de setembro facíano cos Populares- aos que lle manifestaron a súa oposición á proposición de Lei de reforma da Lei de caza de Galicia, para  prohibir o uso de munición que conteña chumbo en todo o territorio galego, presentada polo BNG.

A nova Lei de Caza de Galicia, entrou en vigor en xaneiro do 2014, e con apenas un ano de vida –a proposición de Lei foi admitida a trámite en febreiro do 2015- o Parlamento de Galicia pretende a súa modificación co único obxecto de prohibir o uso da munición de chumbo, discriminando aos cazadores galegos respecto dos seus compañeiros españois e europeos; pois até nos países máis comprometidos coa protección ambiental, como poden ser Noruega ou Finlandia, volveron a permitir o seu uso.

A comisión federativa trasladoulle aos representantes dos Grupos Parlamentarios que, de seguir adiante esta proposición, a FGC oporase a esta medida que considera precipitada, desinformada, e carente dunha base científica sólida para ser levada a cabo; á vez que lle facía entrega aos representantes políticos dun informe sobre “O chumbo na munición de caza” elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), 

Os representantes dos cazadores galegos, consideran que a prohibición do perdigón cargado con chumbo non debe partir dun goberno autonómico, porque causaría un desaxuste lexislativo, contraviniendo as medidas e estándares a nivel europeo e mesmo mundial, e abocando ao cazador galego a unha situación de illamento respecto aos do resto do país.

2 de outubro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.