publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un total de 56 veciños de Frades disfrutaron dunha viaxe á Ribeira Sacra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Excursión á Ribeira Sacra

Excursión á Ribeira Sacra

Un total de 56 veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión á Ribeira Sacra e aos Canóns do Sil (Ourense), organizada polo Concello de Frades e que tivo lugar este domingo. Os veciños saíron de Frades ás nove da mañá e disfrutaron dunha viaxe en catamarán polo río Sil, así como dunha visita á adega Ponte da Boga, onde puideron degustar o viño da zona. Así mesmo, os participantes tiveron ocasión de visitar Castro Caldelas e Monforte de Lemos antes de emprender camiño de volta a Frades.

A próxima excursión organizada polo Concello de Frades terá como destino Naturmaz (Mazaricos). Trátase dunha excursión multiaventura dirixida a maiores de 12 anos na que os participantes poderán practicar kaiak, BTT, paintball…. O Concello de Frades subvenciona o transporte e parte da actividade, polo que o seu custe será de 15 euros (empadroados) e de 20 euros para os non empadroados). Cada participante deberá levar o seu xantar.

14 de xullo de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.