publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Pazos de Borbén forma en aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+
Clausura do curso

Clausura do curso

A edil de Servizos Sociais de Pazos de Borbén, Lorena Domínguez, clausurou este fin de semana o Curso de Aplicación de Técnicas de Seguridade e Primeiros Auxilios que impartía o Concello desde o pasado mes de maio. Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro do plan “Actívate” da Deputación de Pontevedra e levada a cabo en colaboración co Concello de Pazos de Borbén.

Este curso, de 40 horas de duración e no que participaron 24 veciños de todas as idades, tiña como obxectivo capacitar a desempregados e traballadores para cumprir coa normativa europea de prevención laboral así como establecer conceptos prácticos de seguridade no traballo. Ademais, o ciclo incluía varios módulos de primeiros auxilios dirixidos a ensinar aos alumnos a reaccionar correctamente en caso de accidente.

O propósito deste ciclo non é outro que o de desenvolver políticas que xeren emprego cunha dimensión local ademais de supor unha mellora na empreabilidade os alumnos grazas á súa formación teórica e especialización profesional, ao ser un programa enfocado fundamentalmente aos coñecementos prácticos.

2 de xuño de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.