publicidade hoxe

Os detidos polo crime da Pobra do Caramiñal son parella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalSucesos
A-
A+
Europa Press

Os dous detidos en relación coa morte dunha muller cuxo cadáver foi achado na noite do domingo nun terreo do municipio coruñés da Pobra do Caramiñal son unha parella. Así confirmouno este luns o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que precisou que este luns non está previsto que pasen a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Riveira, en funcións de garda, que decretou o segredo de sumario sobre a investigación.

As detencións foron practicadas por axentes da Policía Xudicial da Garda Civil en relación á morte dunha muller de nacionalidade estranxeira de 39 anos de idade veciña de Riveira, que faleceu por feridas de arma branca, segundo confirmaron fontes da investigación. Foi na noite do domingo, pasadas as 21,00 horas, cando o dono dun terreo atopou o corpo da muller cando se dirixía a regar no lugar da Fandiña. A falecida presentaba varias coiteladas no costado, que lle causaron a morte.

8 de xuño de 2015 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.