publicidade hoxe

O alcalde de Ribadeo considera que o plan da Praia das Catedrais non funcionará

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRibadeo
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Ribadeo (Lugo), o nacionalista Fernando Suárez, criticou este martes a “torpeza e miopía” da Xunta co plan de Protección da praia das Catedrais, polo que hai que reservar praza para visitar o areal, e considera que “non vai funcionar” por empezar o 1 de xullo.

“Non é unha cuestión de capricho, é un cuestión de sentido común, de supervivencia económica para o sector servizos e de conservación ambiental para o que é o areal e o seu ámbito”, lamentou o rexedor. Ademais, acusou á Xunta de “torpeza” ao interpretar que “empeza a casa polo tellado”. “E, ademais, faino experimentando, porque facelo en plena tempada alta e a partir do 1 de xullo é unha torpeza maiúscula e non vai funcionar”, apostilou.

Fernando Suárez admitiu que o que lle “preocupa” é “a mala imaxe que se pode dar ao mundo”. “Porque aquí o que facemos non é en clave comarcal é en clave internacional”, engadiu.

“É DO MÁIS INTERNACIONAL DE GALICIA”

“A praia das Catedrais é do máis internacional que ten Galicia. É unha torpeza actuar deste xeito, tan torpe, tan miope que ten a Xunta de Galicia”, insistiu o rexedor. Tamén considerou que con esta actitude do Goberno galego se quere “molestar” un alcalde, neste caso do BNG, polo feito, segundo subliñou, de “non ser da súa cor política”.

16 de xuño de 2015 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.