publicidade hoxe

O Concello de Sober felicita ao grupo ‘The Carallos’ pola súa primeira xira internacional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober trasládalle os parabéns aos dous integrantes do grupo ‘The Carallos’ que o próximo dez de xuño inician a súa primeira xira internacional cunha serie de concertos en Inglaterra. O grupo, creado a finais de 2013, está formado polo músico inglés afincado en Hortás, Camden Gary -‘Gary Kupa’-, de 60 anos de idade, e polo soberino Diego Fernández, de 28 anos.

Os dous músicos actuarán en once sitios en once días, entre eles en Oxford ou Londres. É a primeira vez que o músico de Sober viaxa a Inglaterra e a primeira visita para Camden despois de quince anos residindo en Galicia.

O músico inglés é o compositor de todas as pezas que van interpretar na súa xira. Ambos os dous tocan a guitarra acústica. ‘The Carallos’ ten actuado xa en Sober, Monforte, Escairón, Pantón e Ourense, entre outros lugares.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, subliña que esta xira permitirá achegar Sober a Inglaterra, “polo que serán os nosos embaixadores musicais”, indica.

28 de abril de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.