publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Abegondo presenta a súa programación cultural con monólogos, teatro e exposicións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

O Concello de Abegondo inicia a súa programación cultural para o ano 2015 cunha gran variedade de actividades. Abarca diferentes manifestacións artísticas, dando cabida todo tipo de representacións escénicas, monólogos e exposicións entre outras. Este mes de abril, o programa ten previsto para o 24 a actuación para todos os públicos de ‘Pan e auga? Sopas!’ da man de ‘Xandobela’. E ata o 15 de abril poderase visitar a exposición de ‘As Mariñas de Nunca Xamais’; unha compilación de cadros de pintura vectorial do artista betanceiro Luís Galán coa que clausura o percorrido das súas obras polo oito municipios integrantes do Consorcio As Mariñas. O seu autor ofrecerá un taller para ensinar como elabora as súas obras.

Xa para o mes de maio haberá actuacións infantís da man da agrupación Pavís Pavós coa súa performance ‘Palma Repalma’, dedicada a nenos de ata dous anos (venres 15 ás 17:30h) e teatro familiar a cargo da formación ‘Migallas Teatro’ que interpretarán a súa obra para todos os públicos ‘Merenda con pan de millo’ (domingo 17 ás 18:00h). O día 6 de maio, baixo a lema de ‘Empoderamento xuvenil’ o escritor e asesor persoal Marcelo Castelo impartirá unha charla dirixida a todos os públicos no IES de Viós. O Concello de Abegondo participa, xunto coa Axencia Galega de Industrias Culturais e a Xunta de Galicia, co monólogo de Xosé Antonio Touriñán ‘Manolo Lojo’ que terá lugar o venres día 8 de maio ás 21:00 horas en ‘O Salón’; así como co espectáculo de maxia e música de Fusionarte ‘A ilusión dun músico’ (21 de Xuño), coa presenza de Martín Camiña e Álvaro Muras.

Ademais, o Concello anuncia que a clausura das actividades culturais terá lugar o 29 de maio no Centro cultural ‘O Salón’ a partir das 19:00 horas. O alcalde, José Antonio Santiso, explica que aínda sendo un municipio pequeno, Abegondo ofrece unha programación cultural “de calidade” que cada ano “busca medrar” e suscita un gran interese entre os veciños.

1 de abril de 2015 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.