publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tres importantes citas deportivas en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Vedra conta esta fin de semana con tres citas importantísimas no ámbito deportivo.

II GALA DO DEPORTE DE VEDRA

Evento  que celebra e premia o deporte de Vedra, para o que reúne a todas as asociacións, entidades, clubs,… nunha xornada de emocións, nervios e como non premios.

II DUATLÓN CONCELLO DE VEDRA

A proba disputarase na tarde do sábado 14 de marzo en Vedra, constituíndo o primeiro campionato autonómico de duatlón na modalidade de contrareloxo por equipos. Compre destacar que a cita contará coa altísima participación de 55 equipos, o que garante a presenza de máis de 300 duatletas na proba. Presumiblemente o record de participación na modalidade de duatlón no ámbito autonómico.

Na modalidade de contrareloxo por equipos os equipos van saíndo de xeito escalonado cada minuto, e estarán compostos por entre 4 e 6 compoñentes, que terán que disputar a proba agrupados en todo momento. O final contara en meta o tempo do 4º integrante do club en cruzala, despois de completar un recorrido de 5 km a pe, 20 en bicicleta e 2,5 km a pe novamente. En canto aos equipos favoritos, a proba móstrase moi aberta e é moi difícil determinar un candidato ao tratarse da primeira proba nesta modalidade que se disputa en Galicia.

A organización da proba, integrada polo club Olímpico de Vedra, o concello de Vedra e a Federación Galega de Tríatlon amósase enórmemente satisfeita pola gran acollida da mesma, dando mostra de que o tríatlon e as súas modalidades é moito máis que un deporte individual no que os equipos teñen moito peso, como demostra o feito de que esta sexa de longo a proba máis numerosa do que se leva de tempada. A modalidade por equipos é ademais un formato moi vistoso para o espectador e presumiblemente será o detonante para que mais organizadores se animen a emprender probas a nivel autonómico en formatos similares.

A proba contará cun importante operativo de seguridade coordinado polos organizadores coa Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e un considerable número de voluntarios, en total preto de 60 persoas velarán porque o evento saía segundo o previsto.

9º DUATLÓN ESCOLAR DE VEDRA

Previamente a disputa do campionato galego, disputarase na mañá do sábado, como previa o 9º duatlón Escolar de Vedra, xa todo un clásico dentro do deporte escolar autonómico e que será clasificatorio para o campionato provincial. Nel prevese a participación de preto de 170 cativos o que eleva a participación da xornada entre as dúas probas a case 500 duatletas. Todo un éxito de participación.

Polo que respecta a representación local, O Olímpico de Vedra estará representado por 3 equipos masculinos e un feminino no campionato galego e 25 cativos no duatlón escolar, preto de 50 duatletas, unha cifra encomiable para unha pequena localidade de 5000 habitantes.

TEATROFILIA 2015

Por outra banda, a fin semana conta coa seguinte carteleira:

Venres 13, ás 21.15 h

Grupo de teatro do Centro Sociocultural de Vedra coa obra “Autoescola Fitipaldi” (TP)

Grupo de teatro da A.C. Cotomanguelo coa obra “A consulta do avogado e o testamento de nacho” (TP)

Sábado 14, ás 21.15 h

Gargallada Teatro coa obra “Estación Sombría” (+14)

Domingo 15, ás 16.15 h

Tarde infantil: Grupo de teatro da A.C. cotomanguelo (Orazo) coa obra “O Guindastre”

Escola de San Miguel de Sarandón coa obra “O bosque enfermo”

Tira e Afloxa Cativos (San Pedro de Vilanova)

A.C. San Campio (San Miguel de Sarandón) coa obra “Sola na aldea”

Ás 19.15 h representación profesional:

Compañía Chévere coa obra “As fillas Bravas” (+12)

13 de marzo de 2015 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.