publicidade hoxe

Primeira proba do Circuíto Galego de Kaiak de Mar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNoia
A-
A+

O pasado sábado, Noia albergou a 1ª proba do Circuíto Galego de Kaiak de Mar e II Copa Sipre, onde máis de 500 deportistas de toda a autonomía participaron neste evento de mar adentro. A regata iniciouse as 15:00 h. coa participación da categoría sénior e júnior, e onde os representantes do Club Náutico Rodeira acadaron dous pódiums moi destacados, xa que foron dominadores da proba en gran parte do percorrido. Os medallistas foron:

Mauro Prieto…………………..1ª posición en K-1 Júnior Sprinter.

Cristian Chapela……………..3ª posición en K-1 Sénior Sprinter.

O equipo desprazouse con 5 palistas das categorías Cadete e Senior. Na próxima proba que se realizará o 4 de Abril en Rianxo, o equipo do Náutico contará con máis compoñentes que disputarán as medallas das diversas categorías.

11 de marzo de 2015 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.