Ruta cicloturística en BTT polo Val do Ulla
O pasado domingo 15 de febreiro 350 ciclistas percorreron 39 km da xeografía do Concello de Vedra, desafiando ao mal tempo e gozando dunha excelente mañá de deporte e de gusto pola paisaxe.
Esta quinta cita reuniu o maior número de participantes posible, pois a organización pechou a inscrición nos 350, todo un reto para unha proba que naceu xa fai cinco anos ca intención de mesturar deporte e paisaxe a través da programación das Xornadas Arredor da Camelia que terán no vindeiro domingo 22 de febreiro o seu prato forte.
A ruta tentou que as persoas participantes puideran gozar da beleza e da variedade do verde paisaxe do que Vedra pode presumir.
Nesta V ruta Btt da Camelia 2015 entragaronse os seguintes premios:
– A club máis lonxano: Club do Mar Pulpeiro BTT – Mugardos
– Club máis numeroso: Club Rodando Bike
– Ao participante masculino de maior idade: Bernardino Otero Bralo
– Á participante feminino de maior idade: Silvia Calvo
A pesar de non ser unha proba competitiva achegamos a relación dos tres primeiro clasificados:
– Darío Manuel Otero Pampín
– Tino Puga Brea
– Antonio Casal Martínez
E as tres primeiras clasificadas:
Silvia Blanco Dosil
Sonia Costoya Varela
Anuska Vilas Pérez
I RUTA TRAIL DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA
Este ano como novidade e completando esta xornada deportiva organizouse a 1ª ruta trail da camelia, na que 117 corredores e corredoras atravesaron a pé 42 km do concello de Vedra.
Esta experiencia foi superada con éxito polas persoas participantes que ao rematar a proba falaban da súa dificultade e beleza por igual.
NO I TRAIL DA CAMELIA VEDRA 2015 premiouse aos tres primeiros clasificados en cada categoría:
*CATEGORÍA MASCULINA
– O 1º clasificado foi Luís Castro Calvo
– O 2º clasificado foi Lois Rodríguez Boga
– O 3º clasificado foi Xosé Antón Barreiro
*CATEGORÍA FEMININA:
– A 1ª clasificada foi Victoria Fernández García
– A 2ª clasificada foi María Fernández Vázquez
– A 3ª clasificada foi Fátima López Dopico
Ao finalizar as probas e xa compartindo a experiencia entre todos, e acompañados por un merecido e reparador ágape, a organización celebrou varios sorteos entre todas as persoas participantes empregando o seu número de dorsal.
Listado dos premiados nos sorteos:
1 CEA PARA DÚAS PERSOAS NUN RESTAURANTE DO CONCELLO:
Juan Manuel Gontan Otero
1 NOITE DE ESTANCIA PARA DÚAS PERSOAS NUNHA CASA RURAL:
Manuel José Caramés
1 LOTE DE PRODUCTOS DA ULLA:
Oliver Regueiro Pena
A organización agradece a implicación de voluntarios e entidades que de moitos xeitos axudaron e contribuíron ao correcto desenvolvemento das probas que agardan volver a repetir e mellorar na seguinte edición, sen eles non sería posible.