publicidade hoxe

Cedeira programa unha verbena de disfraces coas orquestras Capitol e Abanico e unha gran festa infantil de Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Entroido 2015 celebraráse por partida doble en Cedeira. O Concello, a través da Concellería de Cultura, organizará sendas festas o sábado 14 de febreiro e o luns 16. No primeiro caso, unha gran verbena de disfraces a partires das 22 horas no parque do Sagrado Corazón, baixo carpa, entrada gratuita e coa actuación estelar de dúas das orquestras con máis ritmo: Capitol e Abanico.

Así mesmo, o luns 16, o Concello invita aos máis pequenos da casa a unha auténtica festa de Entroido. No mesmo parque do Sagrado Corazón, entre as cinco e as oito da tarde, tamén baixo carpa para evitar que o tempo xogue unha mala pasada. A tarde contará con música, xogos e, como non, desfile e premios. Así, un grupo de música animará a tarde con cancións en directo que os nenos e nenas poderán bailar coas coreografías que proporán os monitores.

Outro dos atractivos serán os xogos con pelotas xigantes, nos que a música terá tamén un papel protagonista, e as probas de habilidade (o escondite das chaves, a corda, cor-cor…). Como colofón, chegará o desfile de disfraces, onde o parque se convertirá nunha grande pasarela para nenos e nenas. A entrada tamén é gratuita.

9 de febreiro de 2015 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.