A biblioteca de Carral acollerá unha divertida historia de Caxoto
Continuando coas actividades de animación á lectura, a Biblioteca Municipal organiza para o vindeiro venres, 27 de febreiro, un contacontos a cargo de Caxoto, que nos ofrecerá “Nicassio, un pintor de brocha gorda”, unha divertida historia para os máis pequenos. A actividade será na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura) ás 18:00 horas