publicidade hoxe

O Fórmula Rallye ofrecerá na FIG un gran espectáculo con 24 pilotos que inclúen nomes de gran prestixio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaSilleda
A-
A+

A Feira Internacional de Galicia acollerá mañá o Fórmula Rallye 2014, unha proba na que o espectáculo está garantido coa participación de 24 pilotos entre os cales se inclúen numerosos nomes de gran prestixio.

A proba, que comezará sobre as 9.30 horas e rematará en torno ás 19:00 horas, acollerá pola mañá o “Gran Premio FIG”, unha carreira na que competirán destacados pilotos desta disciplina automobilística e repartirá 2.000€ en metálico.

Xa pola tarde, todos os participantes do “Gran Premio FIG” competirán nas finais do Fórmula Rallye contra 10 pilotos de renome tanto a nivel nacional como internacional cun destacado palmarés, como son Gilles Panizzi, François Delecour, Amador Vidal, Iván Ares, Alberto Otero, Gorka Antxutegi, Joan Vinyes, Johathan Cabo, Roberto Méndez e Surhayen Pernía.

Tanto o “Gran Premio FIG” como as finais do Fórmula Rallye discorrerán por un circuíto con gran vistosidade que contará con máis de 30.000 metros cadrados dos que 10.000 serán dentro do pavillón 1 do recinto e os restantes no exterior. En canto á zona interior, contará con 1.200 prazas de graderío que permitirán a comodidade do público, se ben tamén haberá zonas para ver a proba de pé tanto dentro coma no exterior.

Con todo elo a espectacularidade do evento está asegurada,sendo aínda maior en distintas mangas oficiais nas que correrán dous participantes á vez.

A organización quere agradecer o apoio das entidades colaboradoras, así como da Escudería Lalín-Deza e Radio Lalín, que serán parte moi importante no desenrolo da proba.

Entradas

As entradas para asistir ao Fórmula Rallye 2014 poden adquirirse mañá en taquilla cun prezo de 15€. En venta anticipada xa soamente se poden comprar hoxe venres nos puntos de venta físicos.

12 de decembro de 2014 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.