publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sober celebra xornadas micolóxicas entre o 13 e o 15 deste mes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora coa Agrupación Micolóxica Pingadouro na organización das Xornadas Micolóxicas que se van celebrar entre o xoves día 13 e o sábado día 15. O encargado de dirixir as xornadas é o micólogo Ramón Losada, membros da Sociedade Micolóxica de Madrid e veciño de Sistindomato.

Programa

O xoves día 13 a actividade comeza ás 10:30 horas na Escola de Hostalería de Rosende cunha saída ao campo. Ás 12:30 horas farase a identificación dos exemplares recollidos e ás 13:30 será o momento de elaborar os pratos cos cogomelos.

O venres día 14 as xornadas trasládanse ao Colexio Virxe do Carme. Os nenos e nenas farán unha saída ao campo ás 10:30 horas. Ás 12:00 horas participarán nunha charla de iniciación á micoloxía.

O sábado día 15 a saída ao campo farase desde o Centro Sociocultural de Sober ás 10:30 horas. Xa pola tarde, ás 18:00 horas levarase a cabo a identificación e clasificación das setas e ás 19:30 horas será quenda da conferencia ‘Setas tóxicas e comestibles”. A xornada remata ás 20:30 horas coa degustación de pratos elaborados coas especies apañadas anteriormente.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradece o traballo de Ramón Losada na elaboración dun programa “moi completo que nos vai permitir distinguir aquelas variedades que podemos consumir e as que non”.

11 de novembro de 2014 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.