publicidade hoxe

José López, Juan Quintia e Sergio Louzao gañan o IX Concurso de Fotografía ‘Touro en Imaxes’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Xurado coas obras premiadas

Xurado coas obras premiadas

Máis de 50 obras fotográficas foron presentadas ao IX Concurso de Fotografía ‘Touro en Imaxes’. O Concello de Touro, que impulsa este xa tradicional concurso fotográfico na comarca, anunciou hoxe os gañadores despois de que se reunise o xurado. José López Pérez leva o premio na categoría de Tema libre. O título da obra: O vello e o mar. O premio da categoría de Patrimonio foi para Arsenio García Gil coa obra Xeneral do entroido de Bama. E Juan Quintia Valencia resultou gañador na categoría de Natureza, coa obra Reflexos de calma na alma de Lañas. Yandira Elena López Cea, coa obra Mares de Touro, e Sergio Louzao, con Atardecer no Pombal, foron os gañadores na categoría xuvenil nos apartados de Natureza e Patrimonio. Cada apartado de adultos está dotado cun premio de 300 euros. O premio da categoría xuvenil será unha tablet. Formaron o xurado un total de cinco membros, tres deles vinculadas ao mundo da fotografía. Exerceu de presidente o tenente alcalde Eugenio Montero. Tamén participou o concelleiro de Cultura de Touro, Jesús Martínez Pereira.

O Concello de Touro pretende cada ano con este concurso “contribuír á creación artística, fomentar a divulgación á fotografía e promocionar os recursos naturais e histórico-culturais do municipio”.O vindeiro venres, 22 de novembro, coincidindo coa inauguración da Casa da Cultura de Touro, procederase á entrega de premios do IX Concurso de Fotografía ‘Touro en imaxes’. O propio Concello de Touro tamén exporá as fotografías gañadoras e as participantes no novo espazo cultural. Estes traballos pasarán a formar parte dun arquivo creado para uso municipal.

19 de novembro de 2014 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.