Trasladan a prisión ao home que disparou en Chantada á súa parella
O xulgado de instrución de Chantada (Lugo) decretou o ingreso en prisión do home que disparou á súa parella na localidade lucense de Chantada, A.F. de 41 anos. En concreto, está a ser trasladado ao cárcere de Monterroso.
Tras confesar os feitos ante a Garda Civil ao día seguinte da súa detención, o detido pasou a disposición xudicial na mañá deste venres, pasadas as 10.30 horas, e prestou declaración ante a titular do xulgado de instrución de Chantada, Elvira Cangado.
A vítima, Sonia F.D., de 32 anos de idade, continúa estable dentro da extrema gravidade na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
A Garda Civil procedeu este xoves á reconstrución dos feitos ocorridos o pasado martes, cando pasadas as 21,00 horas, Antonio F., de 41 anos de idade, disparou na tempa á súa parella, Sonia Figueroa, de 32 anos, na Hamburguesería Piscis de Chantada, onde a vítima traballaba como camareira.