publicidade hoxe

Artemar regresa a Riveira con máis concursos e actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRiveira
A-
A+

A Feira Artemar Riveira terá lugar entre os días 21 e 24 de agosto e unha vez máis no marco do seu programa de actividades vanse desenvolver unha serie de concursos e outras accións en colaboración co tecido empresarial do municipio a través da Asociación de Empresarios de Riveira e o Centro Hostaleiro Aberto.

En concreto, ábrense as inscricións para o o Concurso de Escaparatismo e para o Concurso de Decoración de Locais Hostaleiros, ademais de, tocante a este último sector, recabarse a participación nas propostas Degustación de tapas típicas da Feira Artemar e Degustación de cócteles típicos da Feira Artemar.

12 de agosto de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.