publicidade hoxe

Viveiro volcarase novamente co 9º Resurrection Fest converténdose na edición máis internacional de todas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLugoViveiro
A-
A+

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez; a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; os organizadores do Resurrection Fest, Iván e David Méndez; e Leman, patrocinador privado da festa; presentaron este mércores no Concello de Viveiro a novena edición deste festival hadcore, punk e heavy metal; evento que revitaliza a zona e que deixou en edicións anteriores un retorno de máis de 3,3 millóns de euros. A proxección internacional e o impacto económico que ten o festival no municipio leva a Deputación a colaborar cunha achega de 21.000 euros, destinados a financiar parte das actividades do festival. Na súa edición pasada, o Resurrection Fest mobilizou a máis de 33.000 persoas de diferentes puntos de España e Europa se achegaron ó Concello de Viveiro.

Lara Méndez aproveitou a ocasión para lembrar a gran labor de Melchor Roel, quen foi Alcalde de Viveiro, como un “dos auténticos impulsores desta festa”. A Vicepresidenta Segunda puxo en valor a importancia desta festa xa que “sitúa no mapa de miles de persoas, á Vivero, á Mariña e por conseguinte á provincia de Lugo” e que “impulsa economicamente a zona xa que, os visitantes do festival, que conviven perfectamente cos veciños do Concello, deixan unha retorno económico importante, cifrado o ano pasado en 3,3 millóns de euros, o que consagra ó Resurrection Fest como un dos impulsores económicos máis notable da Mariña lucense e de toda a provincia”.

Pola súa banda, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, lembrou con moito cariño a Melchor Roel, e afirmou que “me lembro del todos os días. Melchor era un apaixonado da música en xeral, pero a súa debilidade era a música en directo” Loureiro quixo salientar tamén que “sen Melchor, unhas das persoas que sempre apoiou a inciciativa dos irmáns Méndez; o Resurrection Fest non sería posible”.

Os irmáns Méndez, dos que partiu a idea orixinal do festival, salientaron que “esta edición é unha das máis internacionais, xa que levamos vendido entradas en máis de 37 paises de todos continentes”. Este feito demostra que o Resurrection converteuse nun dos festivais de referencia a nivel nacional e internacional, xa que esta é a unica ocasión na que os fans van poder ver a estes grupos en toda España”. Ivan Méndez agradeceu tamén o apoio incodicional da Deputación de Lugo “que sempre confiou na nosa idea”. O outro organizador do evento, e irmán de Iván; David Méndez, destacou o increible traballo de marketing e redes sociais e afirmou que “en Facebook xa somos máis de 66.000 amigos, e o Resurrection Fest foi trending topic xa en 5 ocasións” o que demostra a relevancia do festival. “É certo tamén que os visitantes alóxanse en Viveiro, o que produce aínda un beneficio maior. Para os días 31, 1 e 2 a ocupación hoteleira ronda hoxe en día, o 90 %”, salientou David Méndez. Nesta nova edición ofrecese algunha novedade en relación ás outras mostras; entre elas o ResuKids, unha ludoteca para que os rapaces, e os seus pais, poidan desfrutar do festival “como se merece” destacou Méndez. Ademais, esta iniciativa é solidaria, xa que, os fondos que se consigan neste espazo infantil irán destinados na súa totalidade a unha ONG.

Na presentación da festa tamén participou Leman, un dos inversores privados da festa, e destacou que colabora co Resurrection Fest porque “durante estes días as ventas dos hosteleiros da zona aumenta notablemente. O ano pasado os beneficios incrementáronse ó redor dun 33%”. Leman tamén destacou que o festival heavy “produce impacto todo o ano, xa que, as persoas que se achegan o Concello quedan sorprendidos pola zona da Mariña e deciden voltar de novo noutras épocas do ano”.

Cartel 2014

A 9ª edición do Resurrection Fest acollerá a alguns dos mellores e máis recoñecidos grupos e bandas de heavy metal e hardcore-punk do panorama europeo durante 3 dias: 31 de xullo; 1 e 2 de agosto. Entre outros destacan Megadeath; Nofx; Down; Turbonegro; Amon amarch; Testament; Kreator; Gojira; GBH; Lagwagon: Judge; Sick of it all; Ignite; Converge; Raised Fist; Obituary; Crowbar; Havok; As They Burn; Authority Zero; Segismundo Toxicómano e Haemorrhage son so algunhas das mais de 70 bandas que porán durante os 3 días do festival ó Concello de Vieiro no calendario dos máis heavys.

Como facerse coas entradas

As entradas do festival poden adquirirse a través da páxina web do festival www.resurrection-fest.com así como en diferentes establecementos de distitas localidades. O prezo das entradas é, para o abono de 3 días; 79 euros e para 1 día 45 euros. No festival a acampada é  libre en San Roque e no parque Pernas Peón de Covas. Ambos os dous espazos estan acondiconados para acampar, e conta con vestiarios, duchas e baños para as persoas que decidan dormir ó aire libre. Ademais, hai preparados viaxes dende Madrid e Valladolid, para que, deste xeito, ninguen se perda o 9ª Resurrection Fest.

23 de xullo de 2014 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.