publicidade hoxe

Un total de 23 persoas de Riveira, Boiro, Rianxo, O Son e Mazaricos participarán nun curso teórico-práctico de protección civil en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoiroMazaricosPorto do SonRianxoRiveira
A-
A+

Un total de 23 persoas asistirán dende esta fin de semana a un curso básico teórico-práctico de Protección Civil que se desenvolverá na Casa da Xuventude.

De 21 horas de duración, esta acción formativa terá lugar os días 12, 13 e 19 de xullo, en horario de 9.30 a 14 e de 16 a 20 horas.

En canto as materias que se impartirán no curso, comezarase cun módulo sobre Autoprotección a cargo de Francisco Sánchez Fraga, xefe de Protección Civil de Riveira; para continuar con Igualdade (pola traballadora social Pilar Díaz Burgos), Comunicacións (por José Francisco Parente Martínez, membro do Grupo de Apoio a Emerxencias de Riveira), Primeiros Auxilios (polo técnico sanitario Jonathan Romay Moraña), Riscos e Accidentes (por Ignacio Javier Pérez Hermo, xefe de Protección Civil de Boiro) e Incendios (tamén por Pérez Hermo).

Entre os inscritos á acción figuran persoas procedentes de Riveira, Boiro, Porto do Son, Rianxo e Mazaricos.

9 de xullo de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.