publicidade hoxe

Touro investirá na reparación da súa infraestrutura viaria uns 200.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro investirá preto de 200.000 euros na reparación dunha parte da súa infraestrutura viaria. Técnicos da Deputación da Coruña e o concelleiro de Obras de Touro, Eugenio Montero, visitaron esta mañá as vías que afrontarán melloras nas próximas semanas. Levantaron acta de reformulo e deron ‘luz verde’ ao comezo das obras. Este investimento chega a Touro a través dun convenio asinado entre o propio Concello e a Deputación da Coruña. O Concello de Touro tamén afrontará outros investimentos a través de diferentes programas formalizados con Xunta e Deputación da Coruña.

O investimento previsto nas obras visitadas hoxe suma 187.000 euros e entre as obras previstas está a reparación e asfaltado da vía da AC-960 a Porcariza (Vilar), a estrada de Casas Novas a Vilaperre, o camiño da igrexa de Prevediños ao límite con Loureda, a estrada da Igrexa de Foxás a Vilar, e a pavimentación de vías en Pena e Lago, entre outras. As obras tamén inclúen a construción dalgúns muros de contención e en case todas se afronta a apertura de gabias e a limpeza de salvagabias para a correcta drenaxe da insfraestructura.

O concelleiro de Obras destacou hoxe na visita ás obras que estas comezarán nas próximas semanas unha vez formalícense todos os trámites. O Concello de Touro confía en que o groso do proxecto acométase nos meses de bo tempo para que co inicio do inverno estean listos e en condicións os viarios que deberán repararse.

11 de xullo de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.