publicidade hoxe

Convócase un permex con 2 habilitacións para a extracción de percebe en Fisterra e 2 habilitacións para solénidos en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFisterraLocal PortadaRiveira
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca un permiso de explotación con 2 habilitacións para a extracción de percebe dende embarcación na Confraría de Pescadores de Fisterra. Tamén se convocan 2 habilitacións de mergulladores para a extracción de solénidos –navalla e longueirón- na modalidade de mergullo en apnea na Confraría de Riveira. Estas novas incorporacións son unha mostra máis da aposta da Xunta pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova ao marisqueo, especialmente no contexto económico actual.

As embarcacións que queiran optar a incorporar no seu permiso de exploración a modalidade de percebe deberán cumprir a normativa vixente conforme ao artigo 159 do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidas para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e presentar a documentación requirida pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

As solicitudes poderán presentarse no rexistro auxiliar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

16 de xullo de 2014 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.